Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 janvier 2009

PERSONAXES FORTEMENTE EMPÁTICAS

Xosé Manuel Eyrá fai un adianto da crítica d'O Globo de Shakespeare que vai publicar: "Tal é a virtude de historias como esta que nos relata Jaureguizar, manexando con habilidade o fíos da trama, dosificando esta deica precipitala nun remate apoteósico, tal como merece e demanda. O esquema é simple, e xa se sabe que o simple adoita ser efectivo. Gáñanos, no inicio, ao regalarnos esa galería de personaxes curiosas, estrañas e fortemente empáticas, inclusive as féminas- hai que estudar o papel da muller na narrativa de Jaureguizar, sobre todo comparando tramas para adultos e tramas para non adultos"

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Non te queixarás, eh?, un das Redes Escarlata poñendo ben a túa obra. Mira que mesmo me entraron ganas de lela. Eu son fan da túa polémica con Caneiro, creo que é do mellor que deu a nosa cultura ultimamente. Estou a ver se logro que vos dean cinco minutos semanais na TVG para que vos digades cousas. Ninguén me fai caso. Neste país non hai produtores.
Répondre
J
O pobre vai quedar marcado por ese erro? Eu creo que Eyré ten un sabedoría e unha traxectoria longa na análise da nosa literatura que fai que non o mereza. De todos os xeitos, O Globo tivo máis críticas boas.
Répondre
A
Pero ese non é o mesmo crítico que dixo que unha obra de Caneiro era mellor có Quijote?<br /> <br /> Mal nolo pos, non cres?
Répondre
J
pois non, pero vostede sería un candidato. De todos os xeitos, eu creo que hai críticos aos que lles gustou O Globo e o din. Eu fágome eco para que eses comentarios cheguen a outra xente que poida que se anime a ler a novela grazas a iso.
Répondre
G
Pois eu deséxoche o mellor, Santiago. Por mis enemigos me conocereis, decía o poeta Ángel González. A min gústanme máis as críticas negativas, e sinceras. Polo menos pasas un bo rato. Pero a crítica que se estila polos suplementos literarios - Faro de Vigo- éche moi de colegueo, moi complaciente. Están curtadas todas pola mesma plantilla. Iso non é nada bó, porque os lectores deixamos de crer na palabra de tan erúditos testaferros. Sería bo que saíse unha voz allea ao círculo literario, e puxese algo de orde. Por certo, sabes dalgún blog que o faga?.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 472
Publicité