jeudi 29 janvier 2009

"AXEITAR A REALIDADE AOS SOÑOS"

Dolores Martínez Torres entendeu impecablemente a miña intención n'O Globo de Shakespeare. A crítica literaria acerta escribindo a respecto desta novela que "a través da ironía e da parodia, a obra indaga nas relacións perversas de amor, intriga e segredos entre un reducido grupo de individuos destinados a pagar prezos demasiado altos no seu empeño en axeitar a realidade aos seus soños, ben tratando de manipulala ou ben con ánimo de inhibirse dela".
Posté par Jaureguizar à 12:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 29 janvier 2009

PERSONAXES FORTEMENTE EMPÁTICAS

Xosé Manuel Eyrá fai un adianto da crítica d'O Globo de Shakespeare que vai publicar: "Tal é a virtude de historias como esta que nos relata Jaureguizar, manexando con habilidade o fíos da trama, dosificando esta deica precipitala nun remate apoteósico, tal como merece e demanda. O esquema é simple, e xa se sabe que o simple adoita ser efectivo. Gáñanos, no inicio, ao regalarnos esa galería de personaxes curiosas, estrañas e fortemente empáticas, inclusive as féminas- hai que estudar o papel da muller na narrativa de Jaureguizar,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:54 - Commentaires [8] - Permalien [#]
jeudi 29 janvier 2009

NIN ALMODOVARIANA NIN VALLEINCLANESCA, TERRIBLEMENTE DE BUÑUEL

Xosé Manuel Eyré en Ferradura en Tránsito: "A propósito de O globo de Shakespeare, por algún lado linlle aplicado o cualificativo "almodovariana". a min o cualificativo ese me parece insuficiente, igual que o de " valleinclanesca procura" tamén me semlla excesivísimo. Para min esta novela é máis de Buñuel, hai tres ou catro escenas terriblemente de Buñuel".
Posté par Jaureguizar à 11:42 - Commentaires [2] - Permalien [#]