31 janvier 2009
CASA SKYLAB TV
Ignoro se hai novelas con canle televisiva de seu, mais eu teño un título de novela que xa o ten grazas a Igor.
30 janvier 2009
ARTES&GALICIA (ABC)
O ABC de Galicia estrea mañá (en nove minutos) un suplemento de cultura galega dirixido por Ramón Blanco. Sairá o derradeiro sábado de cada mes. Xa temos un espazo máis.
29 janvier 2009
"AXEITAR A REALIDADE AOS SOÑOS"
Dolores Martínez Torres entendeu impecablemente a miña intención n'O Globo de Shakespeare. A crítica literaria acerta escribindo a respecto desta novela que "a través da ironía e da parodia, a obra indaga nas relacións perversas de amor, intriga e segredos entre un reducido grupo de individuos destinados a pagar prezos demasiado altos no seu empeño en axeitar a realidade aos seus soños, ben tratando de manipulala ou ben con ánimo de inhibirse dela".
PERSONAXES FORTEMENTE EMPÁTICAS
Xosé Manuel Eyrá fai un adianto da crítica d'O Globo de Shakespeare que vai publicar: "Tal é a virtude de historias como esta que nos relata Jaureguizar, manexando con habilidade o fíos da trama, dosificando esta deica precipitala nun remate apoteósico, tal como merece e demanda. O esquema é simple, e xa se sabe que o simple adoita ser efectivo. Gáñanos, no inicio, ao regalarnos esa galería de personaxes curiosas, estrañas e fortemente empáticas, inclusive as féminas- hai que estudar o papel da muller na narrativa de Jaureguizar, sobre todo comparando tramas para adultos e tramas para non adultos"
NIN ALMODOVARIANA NIN VALLEINCLANESCA, TERRIBLEMENTE DE BUÑUEL
Xosé Manuel Eyré en Ferradura en Tránsito: "A propósito de O globo de Shakespeare, por algún lado linlle aplicado o cualificativo "almodovariana". a min o cualificativo ese me parece insuficiente, igual que o de " valleinclanesca procura" tamén me semlla excesivísimo. Para min esta novela é máis de Buñuel, hai tres ou catro escenas terriblemente de Buñuel".
28 janvier 2009
LEO CALDAS INVESTIGA UNHA MORTE EN PANXÓN
Despois de que resolvese o asasinato dun saxofonista en Ollos de auga, Domingo Villar pon ao seu detective Leo Caldas a investigar a morte dun mariñeiro en Panxón en A Praia dos Afogados. Esta segunda entrega ten cincocentos folios e será editada por Galaxia antes do verán. Haberá tamén versión en español en Siruela.
27 janvier 2009
ADEUS, COELLO!
John Updike cruzou o río Limia deixando o Nobel desta beira. Non acharon o ano de darllo.
O CREACIONISMO TAMPOUCO EXISTE NA COCIÑA
Os libros de receitas cóntanse entre aqueles que é mellor aplicalos ca lelos. Por iso, no medio desta ensalada mediática provocada polo bicentenario de Darwin, que nos lembra que aínda existen creacionistas, vén de publicarse un volume discreto, pero ben interesante, ‘O libro de recetas de Enma Darwin’. (artigo en Galiciae)
A CRÓNICA DO ASTROLABIA
A crónica visual sobre o astrolabio de Rodrigo Romaní xa ten vida de seu.
26 janvier 2009
UN DELIRIO
Eyré seguiu coa súa crónica sobre O Globo de Shakespeare: "Delirio. A novela é un auténtico delirio, escrito con actitude intelixente e divertida. A novela é así: intelixente e divertida (lástima do estilo) e a viaxe a Londres de Ricardo promete ser ben interesante. Realmente xa os preámbulos, coa confección do globo e a delirante aterraxe, prepararon con eficacia esa viaxe. Aterraxe que, cóntolles, lin como se estivera vendo un filme do Buñuel máis acedo e brillante".