A miña Sara e máis eu andamos participando, cada quen pola súa banda, no curioso proxecto BlackBox, por convite de Iago Eireos. Nunca pensara contar un día da miña vida con 37 fotos e foi unha experiencia que me cambiou o punto de vista, malia ser eu un narrador moi visual. Cando miro, penso en como describir as imaxes, con BlackBox houben de pensar en como amosalas directamente cunha cámara desechable.