Juan de Oliveira é un rapaz con moitísimas gañas de facer cinema. Apunta xeito na curtametraxe 'Economía de mercado, cun tráiler setentonamente curriño. Catorce minutos de espionaxe industrial en galego. A estrea será o venres ás 20.00 na Fundación Caixa Galicia da Coruña