mardi 17 février 2009
AS GAÑAS QUE TEN DE OLIVEIRA
Juan de Oliveira é un rapaz con moitísimas gañas de facer cinema. Apunta xeito na curtametraxe 'Economía de mercado, cun tráiler setentonamente curriño. Catorce minutos de espionaxe industrial en galego. A estrea será o venres ás 20.00 na Fundación Caixa Galicia da Coruña
mardi 17 février 2009
RIVAS GAÑA O FERNÁNDEZ DEL RIEGO CON PIÑEIRO E HAL
Manuel Rivas gaña o Fernández del Riego de xornalismo con 'A mesa cósmica de Ramón Piñeiro e o Hal de Kubrik'
mardi 17 février 2009
"NON SE VENDE UNHA IDEA ORIXINAL"
José María Besteiro, ollador televisivo: "Cobro por atopar formatos televisivos que poidan funcionar en moitos países. Agora non se vende unha idea orixinal, as televisións van a formato ou a series en lata".