José Miguel Giráldez guiará mañá (venres, 20) ás 20.00 horas na Libraría Couceiro unha conversa arredor d'O Globo de Shakespeare' co seu autor, que, como supoñen, son eu. A miña muller preparou 37 unidades das reputadas Galletas do Globo de Shakespeare, así que fagan por non chegar tarde porque repartirei ao chegar e logo quedaría coa bolsa baleira.