jeudi 19 février 2009
37 GALLETAS, MAÑÁ EN COMPOSTELA
José Miguel Giráldez guiará mañá (venres, 20) ás 20.00 horas na Libraría Couceiro unha conversa arredor d'O Globo de Shakespeare' co seu autor, que, como supoñen, son eu. A miña muller preparou 37 unidades das reputadas Galletas do Globo de Shakespeare, así que fagan por non chegar tarde porque repartirei ao chegar e logo quedaría coa bolsa baleira.
jeudi 19 février 2009
BATALLAS GASTADAS
Marina Mayoral quita hoxe unha novela. Asegura que a motivación foi a súa sorpresa diante da sorpresa que levan os alumnos de ESO cando lles fala da Guerra Civil. As persoas que viviron a posguerra teñen o conflito do 36 como algo transcendental e vivo. Para os rapaces non deixan batallas gastadas, un lonxano eco de ardor guerreiro, como era para a xeración de Mayoral a Guerra de Cuba.