Cando estou no salón da casa evito mirar para unha moble amplo que tapa con libros unha parede. Ás veces, despístome e escapaseme a ollada. Acordo daquela de que alí están eles: os libros que tiña intención de ler e non lin. Se ocupan sitio nos andeis é porque un día tiven intención de ler neles, pero esa intención non deu atopado o seu tempo e acabou por esluírse. (Artigo en Galiciae)