mercredi 25 mars 2009
TERESA MOURE ARRAMBLA COS MARÍA CASARES
O espectáculo Unha Primavera para Aldara do Teatro do Atlántico acadou sete premios María Casares de Teatro; entre eles, o premio ao mellor espectáculo. Obra (no comment) de PT Excéntricas logrou dous premios. Xulio Lago obtivo o premio ao mellor director por Unha Primavera para Aldara, Víctor Mosqueira foi o mellor actor por Obra (no comment) e María Bouzas a mellor actriz por Unha Primavera para Aldara.
mercredi 25 mars 2009
DARÍO VILLANUEVA NEGA QUE VAIA SER CONSELLEIRO
Darío Villanueva nega con contundencia que vaia ser conselleiro de Educación e Cultura. Confirma que houbo xantar con Feijoo, antonte, pero que o presidente quería coñecer a súa visión sobre a educación e a cultura galegas. Villanueva nega que houbese oferta, agradece que se lle consulte coa axenda que ten agora Feijoo e rexeita entrar en política. Decepción para Feijoo? Era un tanteo?
mercredi 25 mars 2009
DARIO VILLANUEVA, CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E CULTURA?
Pois todo indica que si. Hai unha primeira parte de lóxica: se vai haber unicamente dez consellarías, non vai sobrevivir a de Cultura. Unha segunda parte de lóxica: malia non ter consellaría de seu, Cultura vai ser determinante para que Feijoo poida conter as críticas do ámbito cultural (nacionalista no 98 por cento) elexindo a un galeguista con prestixio abondo no ámbito académico (educativo). A terceira parte é un dato: o noso futuro presidente e máis o académico da RAE xantaron xuntos hai uns días.