CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

31 mars 2009

NOME

Soñei o nome do novo conselleiro de Educación e Cultura.

Posté par Jaureguizar à 11:41 - Commentaires [4] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

27 mars 2009

UNHA PIRÁMIDE SOBRE O TÁMESIS

A proposta de Herzog e Meuron para a Tate, que se aprobará o martes, é cando menos interesante. Eu non acabo de ver unha pirámide ao carón do Támesis, a Ponte do Milenio e a vella fábrica da luz, pero son dous arquitectos moi audaces de diós.

Posté par Jaureguizar à 17:56 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

25 mars 2009

TERESA MOURE ARRAMBLA COS MARÍA CASARES

O espectáculo Unha Primavera para Aldara do Teatro do Atlántico acadou sete premios María Casares de Teatro; entre eles, o premio ao mellor espectáculo. Obra (no comment) de PT Excéntricas logrou dous premios. Xulio Lago obtivo o premio ao mellor director por Unha Primavera para Aldara, Víctor Mosqueira foi o mellor actor por Obra (no comment) e María Bouzas a mellor actriz por Unha Primavera para Aldara.

Posté par Jaureguizar à 23:08 - Commentaires [4] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

DARÍO VILLANUEVA NEGA QUE VAIA SER CONSELLEIRO

Darío Villanueva nega con contundencia que vaia ser conselleiro de Educación e Cultura. Confirma que houbo xantar con Feijoo, antonte, pero que o presidente quería coñecer a súa visión sobre a educación e a cultura galegas. Villanueva nega que houbese oferta, agradece que se lle consulte coa axenda que ten agora Feijoo e rexeita entrar en política. Decepción para Feijoo? Era un tanteo?

Posté par Jaureguizar à 17:26 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

DARIO VILLANUEVA, CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E CULTURA?

Pois todo indica que si. Hai unha primeira parte de lóxica: se vai haber unicamente dez consellarías, non vai sobrevivir a de Cultura. Unha segunda parte de lóxica: malia non ter consellaría de seu, Cultura vai ser determinante para que Feijoo poida conter as críticas do ámbito cultural (nacionalista no 98 por cento) elexindo a un galeguista con prestixio abondo no ámbito académico (educativo). A terceira parte é un dato: o noso futuro presidente e máis o académico da RAE xantaron xuntos hai uns días.

Posté par Jaureguizar à 15:51 - Commentaires [4] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

23 mars 2009

CULTURA SERÁ UNHA 'MARÍA'

Corre pola rede o 'fake' de que o escritor Xosé Carlos Caneiro vai ser conselleiro de Cultura. Lino en foros de partidarios do monolingüísmo en Galicia, tanto dun signo como do outro. Moitos dan por descontado que a Consellería de Cultura acabará sendo apelido da Consellería de Educación, polo que non haberá conselleiro. (Artigo para El Progreso e Galiciaé)

Posté par Jaureguizar à 12:56 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

22 mars 2009

FRANK RINLO, MÁIS CA UN SECUNDARIO

Hai moitos lectores d'O Globo de Shakespeare que teñen por favorito a Frank Rinlo. Non deixa de sorprenderme por está trazado coma un apoio para a parada do reloxo emocional da personaxe de Celia Mandiás, que ficou namorada dun mozo de medio século antes e entregada a un neno que ten eternamente sete anos.

Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

18 mars 2009

UNHA PROPOSTA PREMIABLE

Xa que os xurados de novela e conto están formados por poetas, porque os premios de poesía non os deciden narradores?

Posté par Jaureguizar à 18:11 - Commentaires [14] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

CLEMENCIA PARA McEWAN, MANKELL E MERCIER

Os promotores dos Premios Arcebispo San Clemente deron a coñecer os finalistas. En galego están López Silva, Lourenzo e Canal; estes dúas últimas escollas dan idea da calidade do Premios Xerais 2008.

Posté par Jaureguizar à 18:06 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

17 mars 2009

DAVID CHASE COME BACK TO HBO

Despois de esmagarnos co seu talento sopránico, David Chase regresa con 'A ribbon of dreams' para HBO.

Posté par Jaureguizar à 21:56 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1  2  3   Page suivante »