jeudi 5 mars 2009

O NOVO MURAKA CORRE EN GALEGO

'De que estou a falar cando falo de correr?'
Posté par Jaureguizar à 17:08 - Commentaires [3] - Permalien [#]

mercredi 4 mars 2009

"GLOTÓFAGO?", "ETNOCIDA?"

Estou recibindo por diversas vías a mensaxe: "SOS: compre XA manifesto escritor@s defensa decreto galego e galescolas contra Núñez glotofago etnocida. Pasao en sms e internet". Ignoro a quen lle se ocorreu semellante torpeza. Núñez vai ser presidente da Xunta durante os próximos catro anos, como pouco. Nada en positivo imos lograr del se empezamos insultándoo e desafiándoo. Os escritores, en moitas ocasións, pensamos que a nosa relevancia social é meirande da que é.
Posté par Jaureguizar à 16:40 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 3 mars 2009

PECHE DE CAMPAÑA

A miña campaña para presentar 'O Globo de Shakespeare' remata o venres ás 20.00 na libraría Trama de Lugo, cunha charla entre o editor de Xerais, Manuel Bragado, e mais eu. Tras ir acrecentando a súa sona na preparación dos caucus en Melide, A Coruña, Ribadeo e Vigo, as galletas do Globo de Shakespeare poderán probarse en Lugo por derradeira oportunidade.
Posté par Jaureguizar à 20:18 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 3 mars 2009

UNHA OFERTA QUE NON REXEITAREI

El Padrino está de volta aos corenta anos de ser escrita e aos trinta da morte de Mario Puzo. "Ante la eterna pregunta de fondo o forma -explica a editora Lucía Luengo-, Puzo se centra en la historia en sí dejando fuera cualquier adorno estilístico. Era un escritor de oficio al que no se le caían los anillos por escribir lo que otros llaman géneros menores".
Posté par Jaureguizar à 12:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]