mardi 14 avril 2009

OS SEGUNDOS NON SON OS PRIMEIROS

As editoriais españolas teñen o feo costume de vendernos as presentacións de autores galegos en Santiago e de solicitarnos compromisos para logo meternos na véspera flamantes presentacións en Madrid que anulan as de Compostela. Pasou a semana pasada con Marta Rivera de la Cruz e hoxe con Manuel Rivas. Pensan que os medios van deixar pasar a información da primeira para atender á segunda?
Posté par Jaureguizar à 21:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 14 avril 2009

CANDO ACORDEI A NOVELA SEGUÍA ALÍ

Os organizadores dos vindeiros Premios Blanco Amor (sei que son moitos e variados) deberían estudar a posibilidade de eliminar o límite mínimo de folios para presentarse, que anda en 150. Como xurado desta edición atopei novelas de calidade estragadas por seren estricadas ou porque se lles meteron polo medio textos (mesmo outras novelas nalgún caso). O requisito de novela longa era preciso hai trinta anos, cando tiñamos unha literatura anana, de conto e noveliña curta, pero agora non ten razón de ser.
Posté par Jaureguizar à 13:26 - Commentaires [9] - Permalien [#]