Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 avril 2009

ABATIDOS E DESCONTENTOS

Os premios son intrinsicamente discutidos: inevitablemente hai un gañador feliz e unha chea de perdedores abatidos. Unha xuntanza recente deixou descontentos dunha banda, que se atreveron a falar en público, e da outra, que calan por temor ás consecuencias. Chegoume un e-correo e, aos tres días, fixéronme unha chamada longa. Ambos os comunicantes pedían que eu presentase algún espectáculo ao respecto no cabaret, pero necesito contrastar antes de abrir as portas do local a acusacións ferintes para as eleccións duns expertos no asunto que se debatía. Máis cando penso que acertaron no campo da narrativa; no caso da poesía, non podo falar porque non son practicante. Non serei eu quen cuestione a decisión, pero hai abatidos e descontentos que me fixeron chegar a súa opinión.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
Penso que Chus é merecente dese premio e máis. O que lín dela paréceme do mellor que se está a facer en poesía en "España". A foderse. Sí, escribín España.
Répondre
G
Non, só que teñen mellor criterio, e algunhas máis imaxinación, Mala Hostia.
Répondre
M
Si, debe de ser que a quen publica en editoriais pequenas sóbralles a imaxinación, coma ó novo Conselleiro de Cultura.
Répondre
G
Estou na súa busca...en editoriais pequenas, supoño.
Répondre
A
O caneirinho e a súa gran novela. Maís de 700 páxinas de palla, como ben dixo o Eyré na Nosa Terra. Imaxino que non volverá publicar unha novela na súa p. vida.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité