Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 avril 2009

A DISCUTIDA POESÍA

En vista das suspicacias, enfados, agobios, maledicencias e sospeitas que provocou o meu anterior comentario e aínda a risco de desvelar a identidade dos meus comunicantes, direi que o que eles cuestionaban era o Premio da Crítica en Poesía. Eu diso, reitero para que non haxa interpretacións, sei tanto como de mosquiteiras ou de potabilizadoras de auga.

Publicité
Publicité
Commentaires
G
A min gústame moito a poesía, pero considero que o actual panorama poético de Galiza non está pasando por un momento dourado, como opinan outros. A verdade, é que Espiral Maior - a editorial máis relevante- edita cun criterio pobre, edita todo canto se lle pon por diante - e a que prezos!-, e iso non lle fai moito ben ao sistema editorial, porque o lector, o que busca boa literatura, acaba por fustrarse. A min pásame, e teño que compénsalo fuchicando na poesía española, onde abofé atopas bo material. Trátase de crear un sistema literario de calidade - en tódolos ámbitos-, máis iso aínda mom sucede neste país. Ollo, que os críticos tampouco axudan, xa que, ao meu parecer, curtan polo mesmo patrón a todas as obras. Non hai quen teña o que hai que ter para falar con sinceridade sobre a actual situación. É un sistema tan autófago, tan de mirarse sempre ao ombigo, a temer que fulano lle impida editar na súa editorial ( a que tome represalias), que se acabará desintegrando. A min dame mágoa. Os críticos deberían saber diferenciar as diferentes pretensións dunha novela, e saber diferenciar un bo libro de poemas dun malo. A que lle temen?
Répondre
M
e eu de que saberei menos, de poesía ou de potabilizadores de auga?!
Répondre
J
A miña idea é máis ou menos esa, Goretti. Dende logo non escribo para connaisseurs, senón para público. De todos os xeitos, iso non está necesariamente reñedo coa calidade. Eu sempre busco a corrección técnica, algo que boto en falla en moitas obras dirixidas ás elites. Sobre varrer para a casa, entenda que resulta case que inevitable (eu non o evito en absoluto) sendo eu o único xestor deste cabaret.
Répondre
G
Eu non menosprezo a Jaure, meu. Tan só é unha forma de falar. Non teño nada en contra dos escritores que pretenden escribrir un best seller, gañar todos os premios e ter un recoñecemento social. Está claro que Jaure non pretende ser un artista, un bo escritor de novelas, desas que le a elite. Tan só escribir novelas que se lean. Home, falar por falar non está mal, pero a min paréceme que ás veces abusa un pouco e varre moito para a súa casa.
Répondre
C
Quitarlle o posto ó Piñeiro? Non desbarres, "meu". Aínda hai clases. O Jaure, como moito, podrá protagonizar o anuncio de Fertimón. "Ramón, bótalle a novela Fertimón que ten literatura de máis e pode matar os leutores". Cretino, o tipo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité