30 avril 2009
XERAIS ARRASA NOS PREMIOS MARTÍN SARMIENTO
Autores da editora viguesa vencen en tres das catro categorías
PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN. O único que queda é o amor. Xerais
28 avril 2009
OS NOTURNOS DE ISHIGURO
Ishiguro vén de publicar cinco contos curtos baixo o título de 'Noturnos: cinco historias de música e anoitecer'. Segundo asegurou: 'There comes a point when you can count the number of books you're going to write before you die. And you think, God, there's only four left'
23 avril 2009
DEMASIADOS ANOS SEN GUILLERME
Mais el segue aí decotío.
22 avril 2009
A DISCUTIDA POESÍA
En vista das suspicacias, enfados, agobios, maledicencias e sospeitas que provocou o meu anterior comentario e aínda a risco de desvelar a identidade dos meus comunicantes, direi que o que eles cuestionaban era o Premio da Crítica en Poesía. Eu diso, reitero para que non haxa interpretacións, sei tanto como de mosquiteiras ou de potabilizadoras de auga.
21 avril 2009
ABATIDOS E DESCONTENTOS
Os premios son intrinsicamente discutidos: inevitablemente hai un gañador feliz e unha chea de perdedores abatidos. Unha xuntanza recente deixou descontentos dunha banda, que se atreveron a falar en público, e da outra, que calan por temor ás consecuencias. Chegoume un e-correo e, aos tres días, fixéronme unha chamada longa. Ambos os comunicantes pedían que eu presentase algún espectáculo ao respecto no cabaret, pero necesito contrastar antes de abrir as portas do local a acusacións ferintes para as eleccións duns expertos no asunto que se debatía. Máis cando penso que acertaron no campo da narrativa; no caso da poesía, non podo falar porque non son practicante. Non serei eu quen cuestione a decisión, pero hai abatidos e descontentos que me fixeron chegar a súa opinión.
ORANGE PRIZE SHORTLIST
20 avril 2009
PRINCE CHARLES: SHUT UP OR STEP DOWN
O Guardian rexeita a opinión do Príncipe Carlos sobre a reforma que Richard Rogers pretende facer do Hospital Real de Chelsea, o barrio no que vive o arquitecto, e que foi deseñado polo autor da catedral de San Pablo, Christopher Wren.
RUÍDO EN NOVA YORK
María Ruído gaña o premio ao mellor documental internacional no Festival de Nova York con 'Rosebud 2'
19 avril 2009
J. G. BALLARD RIP 19TH APRIL 2009
ROBERTO VARELA, CONSELLEIRO DE CULTURA
Roberto Varela será conselleiro de Cultura. Non o coñezo. Experiencia exterior ten unha chea. Hai satisfacción entre os ciberculturetas. Do que si que sei é dun ex compañeiro de pensión en Santiago. Daquela, hai 23 anos, era un bo tipo e moi sensato. Perdínlle a pista e agora volvo miralo no Fotostation. É curioso o salto xeracional do país en catro anos: do sesentismo conselleiril fraguista, ao cincuentenismo touriñés ao corentismo feijooniano.