Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 mai 2009

FARTO DOS HARTISTAS

O Manifesto Hartista sóame ao que contaba Samaniego da raposa e as uvas: como ninguén os recoñece como artistas, recoñécense eles propios criticando aos artistas recoñecidos.

Publicité
Publicité
Commentaires
L
Non estou de acordo no do elitismo. Evidentemente moita xente de Madrid nin pasou polo Prado nin sabe o que é un tríptico, aínda que os museos desa cidade estean cheos deles. Pero que agora as cousas nas artes plásticas funcionen dun xeito viciado -que non no cine, nin na música, nin na literatura- non quere dicir que ese xeito de funcionar sexa desexábel. Á xente gústalle a arte actual cando é boa. Pouca xente pasou polas exposicións de Beuys, pero cando se expón Balthus hai sempre colas ben longas.

Respecto á proposta fartista penso que efectivamente os premios gústanlles a todos os artistas, como é lóxico, e tamén todos falan mal deles cando non llos dan a eles. Pero si penso que os fartistas poñen o acento na "arte pola arte" que, dada a podredume deste mundiño hoxe en día, resulta, cando menos, esperanzador.
Répondre
J
Luis, eu son un mero afeccionado á arte que polo seu traballo de periodista ten a sorte de que os artistas lle expliquen as súas obras. E todas, mellores ou peores, teñen un traballo e un sentido. A arte é dende hai unha chea de anos unha práctica para ser realizada e gozada por unhas elites que teñen a formación precisa para ambas as actitudes. O divorcio cos grandes públicos é lóxico. Por todo iso, eu non podo negar a calidade e interese de obras que as persoas que saben do que falan defenden como boas. En canto ao desinteresado da proposta Fartista, discrepo. Xa dixo Cela que o Cervantes estaba cuberto de merda. Sostivo esa postura ata que llo concederon.
Répondre
L
O Fartismo -ese é o nome en galego- é un movemento internacional. De principio os fundadores quixeron estenderse por todo o estado e mais en América Latina, de modo que optaron por lanzar o seu manifesto en castelán.

O nome castelán do movemento fai o xogo de palabras hartismo/artismo harte/arte, intraducíbel en outros idiomas. Non obstante a palabra "Fartista" ten a vantaxe de non precisar de aclaracións: en castelán sempre nos vemos obrigados a aclarar "hartista con h" cando falamos dos membros do movemento.

Actualmente está a traducir ao galego o texto do manifesto -xa traducido a catalán, inglés, francés, italiano e grego- o escritor ferrolán Antón Cortizas. A tradución ao portugués (en realidade galego-portugués) está tamén en proceso. Tamén está en proxecto traducir varias partes da páxina web a galego, portugués e inglés. Só que polo de agora o traballo das webs e blogs é cousa dos propios fundadores, e xa teñen traballo dabondo.

Respecto ao mini-post sei que pode parecer isto a quen faga unha lectura superficial -ou interesada- do movemento. A lectura do manifesto e as F.A.Q. aclara bastante o seu ideario. A arte "contemporánea" está divorciada do seu público. O fartismo -e o stuckismo, o seu movemento irmán- buscan cales son as causas dese divorcio e unha maneira realizábel para recuperar a relación entre artistas e público, sen renunciar nen á tradición nen á vangarda. Penso que é unha proposta nova, fresca, e profundamente desinteresada, que engade algo verdadeiramente novo a un panorama -o das artes plásticas- que leva enfermo por décadas.
Répondre
D
Completamente dacordo.
Ademáis por qué hartista en vez de fartista?
Répondre
C
Ten vostede moita razón nunha cousa, Chosqui. ¡Vaia metedura de zoca a miña co EXCEPTICISMO! Gracias!
Pero anda algo errado noutra: non, o animal que a escribiu non lle era Jaure, que lle era eu. Pode vostede comprobar que non somos a mesma persoa picando sobre o meu nome.
Ahhh, e por certo que non son a única á que non lle funcionan ben as neuronas, agora que eu xa recoñecín o meu pecado, pode vostede comezar a resgarse as vestiduras por sí mesmo/a, que escribe SANGAS. O verbo élle SANGRAR anque o sustantivo sexa SANGUE.
¿Ve que non hai ninguén perfecto? ;-)

Saúdos agarimosos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité