Nunca miro o televisor, pero levo noites trasnoitando para facer zapping. Non podo crer que Gloria Lago non saia en defensa dos tres traballadores de Burela os que se impide usar o galego. A ver se vai ser certo iso que din de que Galicia Bilingüe é partidario do monolingüísmo en español dos tempos de Sarmiento (de Martín, non de María). Sigo agardando, pero agora ao xeito de Samuel.
Commentaires sur AGARDANDO POR GLORIA LAGO
- Ponha-se comodo...... porque vai ter vostede que trasnoitar muito e gastar muitas horas fazendo zapping.
- Cuestión de culturaCoñezo a traxectoria do autor deste blogue e, por riba doutras consideracións, sei que o eixo da súa actitude é a cultura (ao marxe de opicións político-partidarias).
E os criterios culturais son a chave para facer unha análise axeitada de episodios nos que falar galego é noticia porque o uso da língua convértese nun atranco para vivir e para traballar na propia Galicia.
Os que temos vivido e "mamado" dous o máis culturas ibéricas -no meu caso falo e penso en català, castellano e galego- sentímonos expulsados das Españas por eses aculturizados que están a reducir a cidadanía das Españas a unha soa língua e a unha soa cultura: a castellana.
Na miña opinión, a ¡razón cultural! está cos "jaureguizar", máis aínda cando estamos a falar de episodios e escenarios do país galego. - LiberdadeImaxino que para ter liberdade hai que ter a posibilidade de elexir entre mais dunha posibilidade. Esta xente da Galicia Bilingüe defende a súa liberdade de escoller (polos seus fillos) o idioma que lles pareza ben a eles. Daquela a liberdade consistiría en que eles teñan unha posibilidade de elexir por outros que non teñen voz nin voto e que xa non terán elección posible, porque eles xa só van coñecer unha língua.
- sobre o premio Rómulo GallegosSe cadra interésalle:
http://www.papelenblanco.com/2009/05/09-posposicion-y-polemica-en-el-premio-romulo-gallegos-2009
Apertas
Nouveau commentaire