jeudi 14 mai 2009
A RAPAZA DA CURVA E A IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA
Iker Jiménez segue sen recoñecer que a rapaza da curva é unha lenda, pero Feijoo si que recoñeceu que a imposición lingüística era unha lenda cos dous nomeamentos de hoxe. Dadas as reaccións dos lacustres e achegados no caso de Lorenzo, as expectativas non poden ser mellores. O que se me fai torpe, é a reacción dos nosos; non se trata de cegar as vías para o presidente dea marcha atrás, senón de facilitarlle a manobra.