O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, está falando arestora con Belén Regueira na RG: "En Galicia temos unha falta de confianza, hai talento pero non cremos nel". "A cultura é para ser vista e lida, apoiaremos máis a recepción ca produción". "Hai que cambiar o modo de promover fóra porque a promoción fíxose cara dentro, gáñase máis convidando durante unha semana ao crítico do New York Times e que viva a corpo de rei visitando os restaurantes galegos ca levando un grupo de cociñeiros a Nova York. É menos vistoso, pero máis efectivo". Gústanme as súas ideas.