As cousas que máis me gustaron do acto que a RAG lle dedicou a Piñeiro hai un par de horas en Láncara foron os tenis dourados que calzaba a académica Luz Pozo, o discurso de Villares pedindo que se deixase de xulgar moralmente a Piñeiro coma coetáneo e se lle empezase a mirar como figura histórica, a firmeza concisa coa que Barreiro defendeu "a lingua e a patria", e a presenza de Feijoo no acto, a maiores do seu esforzo por cantar o himno completo (eu tampouco mo sei). Tamén foron ben interesantes as conversas privadas que mantiven co conselleiro de Cultura e máis co secretario de Política Lingüística, o secreto de confesión obrígame a reservar os contidos. O que me disgustou do acto foi a previsión do afora (ficou cativo de máis) e a falta de previsión de espazo para a prensa, as luces que ía e viñan, e os numerosos teléfonos móbiles reclamando un constante e maleducado protagonismo.
Poucos días antes das elección fixen unha enquisa a destacados políticos dos 3 partidos: Sabe a quen lle adican este ano o Día das Letras e de quince ou así, ninguén o sabía. Increible, porque non digamos xa na sociedade. Será por ese carácter mortuorio da cultura ou porque non se ve moita actividade na Academia. por certo sábese a quen lle adicarán O día do ano que ven? Adoitaba ser por estas datas cando o difundías..,.