Feijoo deu unha grande importancia estratéxica ás Letras Galegas deste ano. A maiores da presenza habitual do conselleiro de Cultura, levou o de Educación, o Director Xeral de Cultura e o Secretario Xeral da Política Lingüística, a Láncara. Pola tarde, sospeito que como reacción á manifa de Compostela, reuniou a todo o seu goberno na vila lucense.
Commentaires sur A REACCIÓN DE FEIJOO
- Perdoe, pero sigo sen entender a súa afirmación de máis arriba: "haberá que axudalo polo ben da lingua". O mellor que lle pode pasar á lingua é que este señor leve un couce no cu e desapareza do mapa.
Síntoo, Jaureguizar, pero veiselle a vostede o "prumeiro". Repito: arrímese, que algo apañará. Tampouco o xulgo. Cada un é libre de facer o que lle pete e de querer percorrer os países que lle dea a gana. - A min gustaríame que o noso debate fose máis sensato, sr. Non, pero xa vexo que non podo. Levo 14 anos buscándome a vida para gañar cartos coa literatura, e podería sosprendelo se lle contase canto diso procede da Xunta. Ben, intento retomar a cuestión: a nada que Feijoo reconduza o lameiro no que se meteu coa lingua e que se vexa favorecido pola recuperación económica, vai ser o noso presidente durante uns cantos anos. O futuro da lingua vai depender en parte das súas decisións, por iso defendo a crítica moderada e rexeito o enfrontamento.
Nouveau commentaire
Fai ben en reunirse, non pintan ben as cousas con tanta xente na rúa...