jeudi 21 mai 2009

O METRO E A PONTE

Os Príncipes de Asturias premian o premiable, é dicir, o obvio. Con todo, aledoume a decisión de galardoar a Foster. Coñézolle en vivo dúas obras: o metro de Bilbao, que ten bastante de Star Treck, pero non acabou de parecerme unha obra á altura do seu talento, e a Ponte do Milenio de Londres, a espectacular estrutura con aire orgánico que tendeu sobre o Támese e que me semella un soberbio traballo de espectáculo, elegancia e lixeireza.
Posté par Jaureguizar à 15:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]