Roberto Varela anunciou na entrega do Pen a Marcos Valcárcel (copia nota da Xunta) "o seu compromiso a que o vindeiro ano 2010 sexa declarado o Ano da Lectura en Galicia. Neste senso, subliñou que un dos obxectivos prioritarios do seu departamento é conseguir que se adopten medidas tendentes a implementar políticas públicas para que os índices de lectura en Galicia converxan coas cifras do resto de España e de Europa. Neste mesmo eido Varela Fariña comprometeuse a contribuír a desenvolver a lei do libro, recentemente aprobada no Parlamento de Galicia a máis de “darlle contido e sentido, a poñela en valor". Confio en que o anuncio sexa realidade, porque o conselleiro anunciara que outras artes ían ser prioritarias.