"Piñeiro actuaba como un gurú, e mais o seu grupo. Quen lle dá a autoridade a Ramón Piñeiro? Estamos diante de alguén que se cre escolleito para dirixir as conciencias e que pensa que o país non estaba preparado para recibir a gran mensaxe. O seus xuízos, é duro dicilo, eran apodícticos; parecía que che estaba suxerindo cando, en realidade, só quería impoñer e impoñer. Non obstante, a título persoal teño que dicir que a min nin me perturbou nada a súa persoa".