lundi 25 mai 2009
E VICEVERSA?
Xulio Valcárcel, na Voz de Galicia: "O mellor dun texto narrativo é o que ten de poético".
lundi 25 mai 2009
CANEIRO: "NOS PREMIOS Á OBRA PUBLICADA NON HAI SORPRESAS"
Xosé Carlos Caneiro, na Voz de Galicia: "Non é honesto o noso sistema literario cando premia autores ou obras publicadas. Prémiase a promiximidade ideolóxica, os afectos ou desafectos persoais, prémiase a quen asina o texto e non o texto mesmo (...) Nos premios á obra publicada nunca hai sorpresas. Hai anos unha novela-collage acaparou todos absolutamente todos, os premios condedidos. (...) A literatura debe ser honesta consigo mesma, non co correccionismo político que impera en Galicia".
lundi 25 mai 2009
FERRÍN: "PIÑEIRO ACTUABA COMO UN GURÚ"
"Piñeiro actuaba como un gurú, e mais o seu grupo. Quen lle dá a autoridade a Ramón Piñeiro? Estamos diante de alguén que se cre escolleito para dirixir as conciencias e que pensa que o país non estaba preparado para recibir a gran mensaxe. O seus xuízos, é duro dicilo, eran apodícticos; parecía que che estaba suxerindo cando, en realidade, só quería impoñer e impoñer. Non obstante, a título persoal teño que dicir que a min nin me perturbou nada a súa persoa".