Os organizadores do Premio Rómulo Gallegos veñen de inventar unha nova modalidade de elección de xurado: o parentesco en primeiro grao. O 'Rómulo Gallegos' é un dos galardóns máis importantes da literatura española, pois nel participan novelas de 21 países e está dotado con 100.000 euros. Foi creado en Venezuela hai 45 anos para premiar obras en español a proposta dos editores. Este ano concorrían 274 novelas, que ficaron en 272 porque houbo dous autores que retiraron as súas. (Artigo en Galiciaé)