jeudi 4 juin 2009
LUÍSA CASTRO: "TODO EN MURAKAMI SON BROCHAZOS SUPERFICIAIS"
Luísa Castro, no Progreso: "Todo en Murakami son brochazos superficiais sobre eses tres cuartos nos que se moven os seus personaxes: o libidinoso, o da gula e o da cabeza". "Toquio Blues é unha perfecta idiotez (...) Bebe en tres fontes principais, posiblemente os tres únicos libros que leu na súa vida o seu autor: 'O gardián entre o centeo' de Salinger, 'A montaña máxica' de Thomas Mann e 'Unha cuestión persoal' de Kenzaburo Oé. Aínda que dubido que os lera ata o final".
jeudi 4 juin 2009
DENTRO DA CAIXA
Estou encantado co da caixa negra, eu estaba dentro falando do meu traballo naqueles días. Digo que, para facer algo así, é mellor adiar a emisión ata as dúas da madrugada e non se decata nindiós. Non creo que ninguén disexe nada espectacularmente ferinte para os de agora, pero o morbo é o mellor enchepistas. Multiplicarase a audiencia a nada que alguén o colgue no tubo. E eu esquecín falar do meu libro!!!!