ÚNICA NO MUNDO
O logro de Rosa Aneiros non ten parangón en todo o mundo, o que é igual en todo o mundo é a existencia de ruíns que non llo van perdoar (aínda non lle perdoaron a Caneiro que fixese algo que faríamos todos...). Rosa é demasiado boa persoa como para merecer esa vinganza cínica que estou certo de que lle andan argallando.
Commentaires sur ÚNICA NO MUNDO
Non rematara eu o meu correo de parabéns para Rosa cando xa tiña no meu Facebook un comentario dubidando do premio e dicindo que se llo daban por ser autora "da casa".
Se iso fose como o seu comunicante di, poderían aproveitar o premio para pescar autores alleos.
É de esperar que sexa así, pero Rosa ten a cualidade de gabar a moitos escritores nas súas columnas e non falar mal de ninguén. É se supoñer que iso xoga ao seu favor. Esperemos que non ocorra o mesmo que no 2006, cando a Diego Ameixeiras lle dispararon por todos lados por dicir no seu discurso diante da intelixencia nacional-literaria que a maior influencia que tivera á hora de escribir "Tres segundos de memoria" foran os cómics de Álvarez Rabo.
A frase de Diego foi grandiosa. Eu estaba alí, pero ao fondo do local e non puiden ver as caras. Seica a frase tería maior efecto se os culturetas souben quen é Álvarez Rabo. Monfortino, como non podería ser doutro xeito.
Boas noites
Mil parabéns a Rosa, que é unha marabillosa persoa e unha magnífica escritora.
Os meus parabéns a Rosa Aneiros, de quen sempre lembro un conto no que unha vella tentaba falar co seu home ou fillo na emigración, a través dun teléfono móbil moi especial.
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=13988772
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :
