Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 juin 2009

DOUS CONSELLOS DE SUSO DE TORO

Suso de Toro ofreceume dous consellos cando eu estaba empezando, a mediados dos noventa. O segundo era ben sensato. Empezou por aconsellarme que non publicase se non estaba preparado. (artigo para El Progreso. Poden lelo completo no apartado Comentaires. Tamén en Galiciaé)

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Sabrá usted que también yo envidio el suyo.

El título se lo debo a Jose Mª Conget. Era una de las dos posibilidades para una obra ficticia (La otra era "Estrategias del tedio", si no recuerdo mal, que también podría sonar a blog) dentro de lo que él narraba.

No le robo más tiempo, gracias por la visita.
Répondre
J
Ra, envexo fondamente o título do seu blog e ese aire (fantasmagórico que ten).
Répondre
R
Yo consultaría, fundamentalmente, a alguien con camiseta de Mickey Mouse, no me pregunte por qué.

Gracias por esos consejos, los de su cosecha, y los de su bagaje.
Répondre
J
Dous consellos de Suso de Toro

jaureguizar

Suso de Toro ofreceume dous consellos cando eu estaba empezando, a mediados dos noventa. O segundo era ben sensato. Empezou por aconsellarme que non publicase se non estaba preparado. Pedirlle a un principiante que adíe a publicación dun libro para que reflexione sobre a súa calidade é como pedirlle a un fan de Stepehnie Meyer que merque a última vampirada e a pouse para pensar ben se debe lela porque podería defraudalo. Hai que publicar todo o publicable sempre que un editor che dea unha oportunidade: en primeiro lugar, porque os editores non agardan polas inseguridades de ninguén e, en segundo, porque a obra impresa permite que midas a súa calidade na estimación dos lectores e na comparanza con outras.

A outra recomendación que me fixera daquela Suso de Toro foi que «aspira a ser Shakespeare, ou cando menos, Jim Thompson». Ese consello si me semellou útil e sempre o tiven en conta porque o escritor compostelán picaba na necesaria ambición, ese aguillón que soa alleo entre os autores galegos. Chamoume que De Toro me aconsellase dun autor teatral e dun novelista achegado ao guión.

A reprimenda que un ‘rookie’ literario agarda dun veterano é «le moito, e, por riba de todo, le moito aos clásicos». Todos din o mesmo, supoño que porque dan por certo que vas incluílos entre esa selección de lecturas. Figurará Shakespeare, pero non Jim Thompson. Suso de Toro eludiu o tópico; aínda que logo afirme que non le os seus contemporáneos , deduzo que para que non lle vaia ‘rookie’ ningún pedíndolle opinión sobre un borrador.

A min tamén me enche guiar os principiantes, pero eles non se molestan en consultar a alguén que viste camisetas de Mickey Mouse. Como adoito dar charlas en institutos, sempre detecto os dous ou tres rapaces (habitualmente rapazas) de talento e gañas para escribir. Apaño sempre para aconsellarlles «lede moitos libros, pero libros sobre a técnica para facer un guión de cine; son os mellores manuais para escribir novelas».

Ás veces, algunha desas promesas interésase por un título concreto. Eu fálolles de ‘El libro del guión’, de Syd Field; de ‘Cómo convertir un buen guión en un guión excelente’, de Linda Seger, ou do reeditado ‘El guión’ de Robert McKee. Lendo neles non van chegar a ser Shakespeare, pero quen sabe se teremos un Jim Thompson dentro de vinte anos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité