Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 juin 2009

FERNÁNDEZ PAZ: "O GUSTO POR CREAR PERSONAXES FOISE IMPOÑENDO"

Agustín Fernández Paz, en Xornal: "A xente de Galicia Bilingüe, que ten a mentira como estratexia habitual, empeza mentindo no seu nome. O que queren é que nós fiquemos no gueto, que non os contaminemos".

"Non se trata de arredar a ninguén, pero se a Mesa e o BNG capitalizasen en solitario a reivindicación do galego, moita xente non se apuntaría a ese carro".

"Non era a fición o que máis me interesaba, pero pouco e pouco o veleno da narración, o gusto por crear personaxes, foise impoñendo a todo o demais".

"Carlos Ruiz Zafón comeza gañando o premio Edebé de literatura xuvenil, escribe dous libros máis para o mesmo público e logo publica unha cuarta novela xuvenil, pero que se publica nunha colección para adultos, que se chama La sombra del viento. (...) Unha novela podémola considerar xuvenil se non ofrece dificultades a un lector en formación como é o lector mozo. E engade Teixidor: tamén hai lectores en formación entre os lectores adultos".

"E eu non quero caer na dinámica de publicar en coleccións de adultos, porque se o fago, podo perder os mozos e non teño por que"

"Aire negro e Corredores de sombra. Son dúas novelas que creo que obxectivamente se defenden ben en calquera ámbito. E logo O único que queda o amor. Son os libros dos que me sinto máis orgulloso dende o punto de vista técnico".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité