samedi 20 juin 2009
THE BLOWS VS. DIRTY SOCKS
Os de Vigo levan a fama e a pose; os de Compostela, o talento (e as camisetas Merc).
samedi 20 juin 2009
DA SILVA: "TEMOS BOS AUTORES A PESAR DE NON TER INDUSTRIA"
Kiko da Silva, na Peneira: "Temos moi bos autores a pesar de carecer de industria. Isto que podía ser negativo salvounos a nivel creativo. As industrias, cando houbo equipos de debuxantes, por intereses editoriais fixeron que estiveran pechados nunha estética. Nós non temos iso porque non hai industria. Temos unha liberdade absoluta e o único que temos en común e que queremos facer BD. Non temos unha escola, temos unha lingua".
samedi 20 juin 2009
DOCAMPO: "HAI QUE ACURTAR OS TEMPOS MÁXIMOS DE CONTRATO"
Xavier Docampo, na Voz: "Debería haber un tope por abaixo no porcentaxe dos dereitos de autor (...) Habería unha boa chea de cláusulas que incluír para acurtar os tempos máximos de contrato que agora son moi longos ou para buscar medidas que controlen as tiradas que fan os editores".
samedi 20 juin 2009
MARTIN PAWLEY: BONDADE E AMOR
Martin Pawley, en Xornal: "O que agora entendemos por literatura infantil e xuvenil galega inventárona nos oitenta xente coma Agustín, coma Paco Martín, coma Xabier P. Docampo, amigos, chairegos (uns máis que outros) e compañeiros de xeración os tres, esa que Manuel Bragado deu felizmente en chamar Xeración Lamote".
"Bondade é o que transpira este libro en todas as súas páxinas; bondade e amor".
samedi 20 juin 2009
FERNÁNDEZ PAZ: "O GUSTO POR CREAR PERSONAXES FOISE IMPOÑENDO"
Agustín Fernández Paz, en Xornal: "A xente de Galicia Bilingüe, que ten a mentira como estratexia habitual, empeza mentindo no seu nome. O que queren é que nós fiquemos no gueto, que non os contaminemos".
"Non se trata de arredar a ninguén, pero se a Mesa e o BNG capitalizasen en solitario a reivindicación do galego, moita xente non se apuntaría a ese carro".
"Non era a fición o que máis me interesaba, pero pouco e pouco o veleno da narración, o gusto por crear personaxes, foise impoñendo a todo o... [Lire la suite]