mercredi 24 juin 2009

O PRINCIPE DAS LETRAS, PARA "O ESCRITOR MÁIS IMPORTANTE DE ALBANIA"

O xurado dos Príncipe de Asturias das Letras deixou pasar novamente o tren bala da modernidade e premiou a Kadaré, no canto de facelo con McEwan. Na final estaban o interesante Tabucchi e máis Noteboom e Kundera. Murakami, o verdadeiro merecedor do galardón, brillou unicamente nos titulares de prensa porque nin chegou á final. Como dixo Sánchez Dragó, "premiaron ao escritor máis importante de Albania, o que non sei é se hai outro".
Posté par Jaureguizar à 17:04 - Commentaires [3] - Permalien [#]

mercredi 24 juin 2009

NIN SGAE NIN ABUSO

Anda correndo polos e-buzóns un correo acusando a SGAE de promover o pago de 20 céntimos por cada retirada dun libro nunha biblioteca. A reinvidicación vai acompañada dun texto moi tenro e moi ignorante da realidade de José Luis Sampedro. A idea forza expón o economista é que vinte céntimos (a quinta parte dun euro) son un impedimento para a lectura. A medida é do Parlamento Europeo e no estado español foi apoiada por Cedro, non pola SGAE, que non nos representa aos escritores. Sampedro e outro altruístas son libres para renunciar ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:10 - Commentaires [2] - Permalien [#]