lundi 29 juin 2009

PANIFICADORA, NOUVEL, MONEO

A cousa semella pintar ben en Vigo: escoitei onte que A Panificadora vai escapar á barbarie, que o Nouvel podería ir para diante malia Porro e agora descubro a proposta de Moneo para o Campo de Granada. Estas tres iniciativas abrirán unha nova xeira para unha cidade de urbanismo incómodo e que padeceu a vaicheboa desenvolvista.

Posté par Jaureguizar à 11:19 - Commentaires [4] - Permalien [#]


Commentaires sur PANIFICADORA, NOUVEL, MONEO

    Por favor, onde escoitou que tales proxectos van ben encamiñados? Oxalá sexa certo; eu en todo o que teña que ver coa arquitectura en Vigo non levo máis que decepción tras decepción (e cabreo tras cabreo).

    Posté par Rubén, lundi 29 juin 2009 à 15:55 | | Répondre
  • Foi na Radio Galega, pero non sei quen era o que o contaba. Ás veces, gústame ser cándido, Rubén.

    Posté par jaureguizar, lundi 29 juin 2009 à 17:28 | | Répondre
  • A min tamén cando albisco unha mínima posibilidade; un idioma galego forte, xustiza social para todos, a paz no mundo, pero... co urbanismo vigués?

    Posté par Rubén, lundi 29 juin 2009 à 21:22 | | Répondre
  • Si, Rubén, leva razón. Pero soñemos co que un día haxa un goberno municipal vigués con 'sentido e sensibilidade'

    Posté par jaureguizar, mardi 30 juin 2009 à 11:58 | | Répondre
Nouveau commentaire