lundi 22 juin 2009
A NARRATIVA QUE FERVE
Paco Macías argallou unha iniciativa ben necesaria para que a paisaxe da nosa narrativa estea íntegra. Eu nunca participei porque recoñezo que non sabería escribir nada orixinal sobre o tema.
lundi 22 juin 2009
MANKEL, SILVA E PISÓN, SAN CLEMENTE AWARDS
Os Premios San Clemente galardoaron a Mankel, López Silva e Martínez Pisón.
dimanche 21 juin 2009
MARILAR ALEIXANDRE: "HAI CRÍTICOS ENFERMOS DE PATRIARCADO"
Marilar Aleixandre, no Xornal: Están enfermos de patriarcado. Nin a crítica nin o sistema literario son cousas illadas. Existen na sociedade e padecen os mesmos males. Outra cousa é que logo en cada campo haxa problemáticas específicas. Logo hai que ter en conta que algúns destes señores non son nin críticos. Ogallá todos fosen como Arturo Casas, que é un crítico serio e que enriba adopta a perspectiva de xénero. Estoutros que se cren críticos porque escriben nun blog...María Reimóndez, no Xornal: "Hai moitas maneiras de... [Lire la suite]
dimanche 21 juin 2009
POR QUE AS NOVELAS GALEGAS REMATAN NO 76?
Artigo en Galiciaé: "O escritor Mario Regueira, que tamén participou na presentación da novela de Janeiro, apuntou daquela algo ben certo: a narrativa galega actual ten como teito temporal o ano 76, ''o último momento en que os bos e os malos estaban máis definidos, como non pasa na actualidade''.
(Nota do xerente: Tal e como me corrixe Cau, 'O Milagres de Cristamar' NON foi finalista do Xerais; foi unha metedura de zoca miña ao redactar o artigo. Pido desculpas)
samedi 20 juin 2009
THE BLOWS VS. DIRTY SOCKS
Os de Vigo levan a fama e a pose; os de Compostela, o talento (e as camisetas Merc).
samedi 20 juin 2009
DA SILVA: "TEMOS BOS AUTORES A PESAR DE NON TER INDUSTRIA"
Kiko da Silva, na Peneira: "Temos moi bos autores a pesar de carecer de industria. Isto que podía ser negativo salvounos a nivel creativo. As industrias, cando houbo equipos de debuxantes, por intereses editoriais fixeron que estiveran pechados nunha estética. Nós non temos iso porque non hai industria. Temos unha liberdade absoluta e o único que temos en común e que queremos facer BD. Non temos unha escola, temos unha lingua".
samedi 20 juin 2009
DOCAMPO: "HAI QUE ACURTAR OS TEMPOS MÁXIMOS DE CONTRATO"
Xavier Docampo, na Voz: "Debería haber un tope por abaixo no porcentaxe dos dereitos de autor (...) Habería unha boa chea de cláusulas que incluír para acurtar os tempos máximos de contrato que agora son moi longos ou para buscar medidas que controlen as tiradas que fan os editores".
samedi 20 juin 2009
MARTIN PAWLEY: BONDADE E AMOR
Martin Pawley, en Xornal: "O que agora entendemos por literatura infantil e xuvenil galega inventárona nos oitenta xente coma Agustín, coma Paco Martín, coma Xabier P. Docampo, amigos, chairegos (uns máis que outros) e compañeiros de xeración os tres, esa que Manuel Bragado deu felizmente en chamar Xeración Lamote".
"Bondade é o que transpira este libro en todas as súas páxinas; bondade e amor".
samedi 20 juin 2009
FERNÁNDEZ PAZ: "O GUSTO POR CREAR PERSONAXES FOISE IMPOÑENDO"
Agustín Fernández Paz, en Xornal: "A xente de Galicia Bilingüe, que ten a mentira como estratexia habitual, empeza mentindo no seu nome. O que queren é que nós fiquemos no gueto, que non os contaminemos".
"Non se trata de arredar a ninguén, pero se a Mesa e o BNG capitalizasen en solitario a reivindicación do galego, moita xente non se apuntaría a ese carro".
"Non era a fición o que máis me interesaba, pero pouco e pouco o veleno da narración, o gusto por crear personaxes, foise impoñendo a todo o... [Lire la suite]
vendredi 19 juin 2009
A "SECUELA" DE 'ALTA FIDELIDADE'
Nick Hornby escribiu "a única secuela posible de 'Alta fidelidade'", así que xa poden ir mercándoa.