vendredi 12 juin 2009

UN PAÍS DE MAGOS

Galicia semella ultimamente un país de magos, todo desaparece.
Posté par Jaureguizar à 23:23 - Commentaires [1] - Permalien [#]

jeudi 11 juin 2009

EDREDÓN

Aa mortes lentas mancan menos. Vai dando tempo a afacerse e desembocan nun pasamento tan suave como cando nos cubrimos os ombros co edredón para durmir. Todo isto vai pasando co sector lácteo: vai esmorecendo e calquera día saltará coma cando estoupa a resistencia dunha bombilla. Despois virá o silencio. Non será algo tan ecoloxicamente ostentoso como as estensas manchas negras que nos enzoufaron as costas, que taparon rochas, coídos e praias da noite para a mañá. De cando Mangouras (el cumpriu as obrigas que aprendemos en Conrad:... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:34 - Commentaires [6] - Permalien [#]
mercredi 10 juin 2009

OS BISPOS ESPAÑOIS, NA CÁPSULA DO TEMPO

Os bispos españois participan no reallity da Galega A Casa de 1906
Posté par Jaureguizar à 20:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 9 juin 2009

NO MORE MOORE

Como poden denunciarse cousas tan denunciables e aledarse do fracaso dunha empresa?
Posté par Jaureguizar à 17:31 - Commentaires [4] - Permalien [#]
dimanche 7 juin 2009

DOUS CONSELLOS DE SUSO DE TORO

Suso de Toro ofreceume dous consellos cando eu estaba empezando, a mediados dos noventa. O segundo era ben sensato. Empezou por aconsellarme que non publicase se non estaba preparado. (artigo para El Progreso. Poden lelo completo no apartado Comentaires. Tamén en Galiciaé)
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [4] - Permalien [#]
samedi 6 juin 2009

ÚNICA NO MUNDO

O logro de Rosa Aneiros non ten parangón en todo o mundo, o que é igual en todo o mundo é a existencia de ruíns que non llo van perdoar (aínda non lle perdoaron a Caneiro que fixese algo que faríamos todos...). Rosa é demasiado boa persoa como para merecer esa vinganza cínica que estou certo de que lle andan argallando.
Posté par Jaureguizar à 23:07 - Commentaires [6] - Permalien [#]

vendredi 5 juin 2009

POIROT REINCORPÓRASE TRAS A BAIXA

O detective de Agatha Christie está de volta.
Posté par Jaureguizar à 17:29 - Commentaires [1] - Permalien [#]
jeudi 4 juin 2009

LUÍSA CASTRO: "TODO EN MURAKAMI SON BROCHAZOS SUPERFICIAIS"

Luísa Castro, no Progreso: "Todo en Murakami son brochazos superficiais sobre eses tres cuartos nos que se moven os seus personaxes: o libidinoso, o da gula e o da cabeza".  "Toquio Blues é unha perfecta idiotez (...) Bebe en tres fontes principais, posiblemente os tres únicos libros que leu na súa vida o seu autor: 'O gardián entre o centeo' de Salinger, 'A montaña máxica' de Thomas Mann e 'Unha cuestión persoal' de Kenzaburo Oé.  Aínda que dubido que os lera ata o final".
Posté par Jaureguizar à 22:45 - Commentaires [7] - Permalien [#]
jeudi 4 juin 2009

DENTRO DA CAIXA

Estou encantado co da caixa negra, eu estaba dentro falando do meu traballo naqueles días. Digo que, para facer algo así, é mellor adiar a emisión ata as dúas da madrugada e non se decata nindiós. Non creo que ninguén disexe nada espectacularmente ferinte para os de agora, pero o morbo é o mellor enchepistas. Multiplicarase a audiencia a nada que alguén o colgue no tubo. E eu esquecín falar do meu libro!!!!
Posté par Jaureguizar à 17:12 - Commentaires [1] - Permalien [#]
jeudi 4 juin 2009

PREMIOSXERAISTV

Un pequeno paso para Xerais, un gran salto para a nosa literatura.
Posté par Jaureguizar à 12:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]