13 juillet 2009
GHERY VERSUS HUO-QUIANG
Os artistas odian expoñer en edificios que teñen sona de seu porque lles comen o protagonismo. A forza da obra de Cai Huo-Quiang en Bilbao fai contrapeso ao despregue de talento de Ghery. Foi unha delicia gozar o pasado domingo dos estoupidos das instalacións do chinés e do estoupido arquitectónico do norteamericano nese Bilbao que está tan renovado que empeza a dar pracer presumir de ser nativo.
Commentaires
Eu tiven sensacións contrapostas. O edificio de Ghery é, como dis, axeitadísimo para ver estoutra pirotecnia. Cai pode ser o artista actual con máis medios á súa disposición (como mínimo todo o estado chinés); pode facer, literalmente, o que lle pete. Para min o seu talento está fóra de toda dúbida, mais pareceume ás veces demasiado servil co poder político, e isto deixoume un sabor agridoce.
Expliqueime mal, Rubén, eu pretendía dicir que o Guggenheim non come a Cai porque é Cai e ten moita forza abonda de seu, pero si pode comer a outro artistas. Gústame moito a arquitectura, e, sobre todo, esa arquitectura espectáculo que empeza a ser denostada en beneficio da arquitectura ecolóxica (dunha estética bastante aburrida), pero supoño os artistas agradecerían máis expoñeren en edificios cúbicos, amplos e pintados de branco meramente funcionais. Canto aos medios de Cai, certo que ten moitos; eu non sabía que o goberno chinés estaba detrás, polo que me sorprenden que respalden pezas como a dos lobos que corren contra a parede de cristal, que son moi críticas cos sistemas colectivistas (como o comunismo)
unha mágoa que peche o blog. confío en seguir conversando con vostede no cabaret
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=14386858
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :