Cultura informou que hai quince candidatos (tres deles do ámbito extraestatal) que queren dirixir o CGAC.  O xurado ten un perfil moi profesional: Manuel Borja-Villel (director do Centro Reina Sofía), Iñaki Martínez (director do MARCO de Vigo), Simón Marchant Fiz (catedrático de Estética), Rosina Gómez Baeza (directora do Laboral de Xixón), Joao Fernández (director da Serralbes de Porto), Chus Martínez (conservadora xefe do Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona), Rafael Doctor (ex-director do Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León) e Lourdes Fernández (directora de ARCO).