Nicolás Iván Vaqueiro, no Faro de Vigo: "É unha responsabilidade histórica protexer e promocionar o galego, en Galicia, como mínimo en condicións de igualdade, e por iso, o consenso do que fala o señor Bragado é máis que necesario. Non facelo é unha irresponsabilidade só tendente á radicalizar a sociedade e a levala a un debate inexistente sobre pretendidos ataques ó castelán. Gañe quen gañe a guerra, ou as eleccións".

Manuel Bragado, en Brétemas: "Observo na sección de Cartas ao director de Faro de Vigo a aparición das primeiras secuelas do manifesto «GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE»  e do artigo da semana pasada no que se reclamaba ao PPdeG que se reintegrase ao consenso sobre o estatuto da lingua forxado nos últimos vinte e cinco anos"