Martin Pawley, en Dias Estranhos: "O libro disque está cheo de desinhibición, atrevido erotismo e humor, mais eu non fun capaz de atopar nada diso por ningures. “Dun tempo a esta parte é moi doado dicir conachadas en literatura”, asegura o autor nas páxinas finais; con iso, pola contra, si que estou completamente de acordo".

Xosé Luís Martínez Pereiro, nos comentarios á entrada de Pawley en Dias Estranhos (uns cinco meses despois): "Podería permitirme a licencia de escribir, benquerido Martin Pawley, vaia tomar polo cu, pero non o vou facer, porque son un escritor elegante, que admite as críticas razoadas e benintencionadas…, así que, espero que non me entenda mal, é simplesmente unha brincadeira de escritor sen sentido do humor que di moitas conachadas literarias".

No Alicia Crece: "Vaime permitir, don R.R. dos mortos blós, que lle envíe a miña opinión sobre o conflito máis quente do morredeiro blogomillo; é que alá, na casa de Pawley, está todo xa un pouco enlamado e tampouco quero poñerme do lado de George Custer XL Martínez Pereiro, máis que nada porque me poden caer a min de rebote as frechas que el merece".   "Se cadra (o libro) gustoume porque sinto coma se falase de min que, no fondo, son un místico coma ela (e agora de quen falo é de Marie de Valence, non da jamona). Si, se cadra era iso; que ese párrafo non che sei ben se fala do libro ou se fala de min. Ou de deus, tanto ten".