Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 août 2009

JORGE COIRA PRESENTARÁ O SEU NOVO DOCUMENTAL NO MoMA

Primicia no Progreso: O lucense Jorge Coira é un dos sete directores que realizaron ‘¿Qué culpa ten o tomate?’, un documental que será presentado no MoMA de Nova York no vindeiro novembro, segundo fontes da produtora galega Tic Tac. Tic Tac, que participa no proxecto con outras sete empresas, recoñeceu que «aínda non sabemos se vai a presentación internacional, pero é probable que si pola importancia do MoMA», considerado entre os primeiros polos culturais do mundo. A firma tampouco determinou polo de agora o xeito no que se desenvolverá o acto, se acudirán os cineastas que crearon a longametrase ou non, «porque a confirmación chegounos hai uns días e teñen que darnos unha data». ¿Que culpa ten o tomate?’ é un traballo producido e coordenado dende A Coruña por Fernanda del Nido en colaboración con Hugo Castro Frau dende Arxentina. A excusa para esta realización é o curso que percorre o tomate dende o seu cultivo ata a súa comercialización. O filme vai seguindo o proceso en Galicia, Perú, Arxentina, Colombia, Bolivia, Brasil e Venezuela, a través de mercados populares de cada país. O traballo de Coira foi desenvolvido no mercado de abastos de Santiago de Compostela. os seus compañeiros estiveron filmando no Mercado Central de Bos Aires, Mercado de Frutas y Terminal Pesqueiro de Lima, no Mercado de Carabastos de Bogotá, no Mercado Municipal de Cumaná (Venezuela), nos Mercados Populares de Rio de Janeiro e no Mercado de Ayni (Bolivia).

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Axúdenme, por favor. Eu creo que esa gradación de cores entre as columnas dálle volume e eu creo que se le ben. Poida que mude a cabeceira a unha cor máis suave para que me entre no xogo. Un gris ceogalego, talvez.
Répondre
J
Desculpen o aspecto de chill out que lle dei ao local con esta nova pintura nas paredes. Fóiseme a man de paleta, efectivamente. Agora deille uns brochazos máis escuros na columna central para non obrigalos a entraren con lentes de sol e, cando teña vagar, mirarei de darlle un aire máis harmónico.
Répondre
V
É impactante o novo formato da páxina, sen dúbida, pero faise moi malo de ler.
Répondre
A
¿Pero ti queres deixarnos cegos, carafio?<br /> <br /> Xa o branco sobre negro chegáballe ben, pero isto...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité