Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 août 2009

TRAS COELHO NO TWITTER

Artigo en El Progreso e Galiciaé:

PAULO COELHO non deixa de ser unha dama cuestadora con hucha e lecturas enciclopédicas de filosofía; escribo ‘enciclopédicas’ porque coñece o pensamento universal grazas á Larousse, aforrándose os ensaios orixinais. Pero exhibe unha pose de rico compasivo que envexo, polo que me fixen seareiro seu no Twitter. Cadrou que era o seu aniversario, e ofreceu tres libros en descarga gratuíta durante ese día. Sentínme premido a aproveitar a oportunidade con esa ansiedade das persoas que acuden ás presentacións de multipropiedades en La Manga para levar un reloxo e unha toalla a cambio de escoitar un tipo con traxe blazer. Ao remate, dálles un aquel dicir que non e compran. A min deume cousa rexeitar a oferta de Paulo Coelho, polo que teño ‘O caminho do arco’ atrancado no medio do escritorio do portátil. Son incapaz de concretar para o quero. É o signo dos tempos dos libros electrónicos: empezaremos a encher os escritorios de obras que nunca teremos tempo a visitar, como apartamentos en multipropiedad. De Coelho, lin ‘Veronika escolle morrer’ (Galaxia) e abondoume de ‘coelheces’. Recunquei no Twitter. Aínda así, as súas obviedades de catequista con etiqueta de pensadores clásicos e respectados seguen se achegarme á Luz. Copio e pego do Twitter: «Como Confucio poderia dizer: não importa onde voce está indo, pense onde está agora». Se xa resulta doado botar unha cita falsa dun filósofo respectado porque ninguén cha vai negar, máis aínda é especular co que podería ter dito ese persoeiro. Vou practicar: «Como Paulo Coelho podería dicir: non leas os meus libros, segue ‘o camiño do arco’ e dispáraos á papeleira».

Publicité
Publicité
Commentaires
J
interesante achega, M. Hoxe mirei a capa do libro de Coelho e pareceume case que tan terrible e obvia coma o título.
Répondre
M
Desmontando a Paulo: http://playalibre.blogspot.com/2009/08/postlarsson.html
Répondre
J
Alédome de que o noso novo cóctel lle fixese tanto ben.
Répondre
A
Foi unha boa idea pasar hoxe por aquí, fíxome rir antes de ir durmir o que está moi ben.
Répondre
E
¿Que lle parece o cambio de Conde ó castelán? Pregunto, porque é raro que non o teña comentado xa.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité