CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

31 août 2009

TRAS COELHO NO TWITTER

Artigo en El Progreso e Galiciaé:

PAULO COELHO non deixa de ser unha dama cuestadora con hucha e lecturas enciclopédicas de filosofía; escribo ‘enciclopédicas’ porque coñece o pensamento universal grazas á Larousse, aforrándose os ensaios orixinais. Pero exhibe unha pose de rico compasivo que envexo, polo que me fixen seareiro seu no Twitter. Cadrou que era o seu aniversario, e ofreceu tres libros en descarga gratuíta durante ese día. Sentínme premido a aproveitar a oportunidade con esa ansiedade das persoas que acuden ás presentacións de multipropiedades en La Manga para levar un reloxo e unha toalla a cambio de escoitar un tipo con traxe blazer. Ao remate, dálles un aquel dicir que non e compran. A min deume cousa rexeitar a oferta de Paulo Coelho, polo que teño ‘O caminho do arco’ atrancado no medio do escritorio do portátil. Son incapaz de concretar para o quero. É o signo dos tempos dos libros electrónicos: empezaremos a encher os escritorios de obras que nunca teremos tempo a visitar, como apartamentos en multipropiedad. De Coelho, lin ‘Veronika escolle morrer’ (Galaxia) e abondoume de ‘coelheces’. Recunquei no Twitter. Aínda así, as súas obviedades de catequista con etiqueta de pensadores clásicos e respectados seguen se achegarme á Luz. Copio e pego do Twitter: «Como Confucio poderia dizer: não importa onde voce está indo, pense onde está agora». Se xa resulta doado botar unha cita falsa dun filósofo respectado porque ninguén cha vai negar, máis aínda é especular co que podería ter dito ese persoeiro. Vou practicar: «Como Paulo Coelho podería dicir: non leas os meus libros, segue ‘o camiño do arco’ e dispáraos á papeleira».

Posté par Jaureguizar à 14:07 - Commentaires [5] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

28 août 2009

LOST IN TRASLATION

Morreu Mario Merlino, pero soamente era tradutor. Algún día escolleremos o libro polo tradutor e devolverémolo se non está ben traducido?

Posté par Jaureguizar à 17:13 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

27 août 2009

LIBRO ABERTO VOLVE!!! (SÓ PARA INSONMES?)

Logo de que temésemos a marcha definitiva dun programa importante para o noso sistema literario, anunciáse a volta para mediados de setembro. Soamente falta que se decaten de que os que non somos insomnes tamén lemos e o poñan a unha hora cristiano-evanxelista.

Posté par Jaureguizar à 20:12 - Commentaires [12] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

XERAIS PRENDE A MECHA

A Reentriña comezou. Os primeiros son Xerais, que prenden a mecha das novidades con Bartebly, o escribente en versión de Eva Díaz Rodríguez.

Posté par Jaureguizar à 16:41 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

26 août 2009

JORGE COIRA PRESENTARÁ O SEU NOVO DOCUMENTAL NO MoMA

Primicia no Progreso: O lucense Jorge Coira é un dos sete directores que realizaron ‘¿Qué culpa ten o tomate?’, un documental que será presentado no MoMA de Nova York no vindeiro novembro, segundo fontes da produtora galega Tic Tac. Tic Tac, que participa no proxecto con outras sete empresas, recoñeceu que «aínda non sabemos se vai a presentación internacional, pero é probable que si pola importancia do MoMA», considerado entre os primeiros polos culturais do mundo. A firma tampouco determinou polo de agora o xeito no que se desenvolverá o acto, se acudirán os cineastas que crearon a longametrase ou non, «porque a confirmación chegounos hai uns días e teñen que darnos unha data». ¿Que culpa ten o tomate?’ é un traballo producido e coordenado dende A Coruña por Fernanda del Nido en colaboración con Hugo Castro Frau dende Arxentina. A excusa para esta realización é o curso que percorre o tomate dende o seu cultivo ata a súa comercialización. O filme vai seguindo o proceso en Galicia, Perú, Arxentina, Colombia, Bolivia, Brasil e Venezuela, a través de mercados populares de cada país. O traballo de Coira foi desenvolvido no mercado de abastos de Santiago de Compostela. os seus compañeiros estiveron filmando no Mercado Central de Bos Aires, Mercado de Frutas y Terminal Pesqueiro de Lima, no Mercado de Carabastos de Bogotá, no Mercado Municipal de Cumaná (Venezuela), nos Mercados Populares de Rio de Janeiro e no Mercado de Ayni (Bolivia).

Posté par Jaureguizar à 13:27 - Commentaires [4] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

24 août 2009

A-CERO, IGNORADO POLA ESCOLA DE ARQUITECTURA DA CORUÑA

Un dos meus dous arquitectos galegos favoritos, Joaquín Torres, quéixase de que non lle dan bola na Zapateira. Este país nunca cambia.

Posté par Jaureguizar à 00:03 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

23 août 2009

A VALENTÍA TRADUTORA DOS NOSOS EDITORES

Os nosos editores manteñen unha posición valente diante da anulación das axudas á traducción malia que Cultura debe de fantasiar con que podemos ser unha cultura aberta ao mundo sen subvencións na ida e vinda de obras literarias.

Posté par Jaureguizar à 23:48 - Commentaires [3] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

22 août 2009

HAI CÍRCULOS QUE MATAN

Artigo en El Progreso:

SON INCAPAZ de distinguir entre os uniformes dos policías locais de Lugo e os que visten os vixilantes da ORA. Non me atrevo a afirmar que sexan tan semellantes como para que sexa un problema xeral. Debe de ser cousa miña, culpa de que a percepción da realidade e máis eu nunca nos entendemos de todo. Cos equipamentos dos reguladores do tráfico na miña cidade pásame como coa novela negra (ou policial, ou de intriga, ou misteriosa). Fred Vargas asegura que ela non escribe novela negra, senón «de enigma». O morto tanto ten, quere dicir. Nalgúns libros, está de máis. John Franklin Bardin estragou a que prometía como unha das mellores novelas negras, ‘O percheirón mortal’ (1946),introducindo un morto que ninguén lle pedira. Cos libros de Bardin (Cincinatti, 1916-1981) pásame como cos teléfonos móbiles que me compra a miña muller: non deixo de admirarlles a sofisticación nin de preguntarme senón funcionarían mellor con menos botóns. Recoñecerán que a trama de ‘O percheirón mortal’ chama a ler: un home ve un percheirón cun lazo rosa cada vez que mira pola ventá da casa. A trama marcha como un tren por Mitteleuropa ata que Bardin, reparando en que quere ser escritor criminal, coloca un cadáver á vaicheboa. Fred Vargas uniforma as súas obras dun xeito semellante. En ‘El hombre de los círculos azules’ (Punto de Lectura) provoca que un señor trace círculos con xiz azul polas beirarrúas de París. Nun deles pousa unha morta, pero ao xeito. Por iso, desacóuganme os señores uniformados trazando círculos laranxas no chan de Lugo. Dixéronme que son os dos gas, pero evito pasar por onda eles.

Posté par Jaureguizar à 16:12 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

21 août 2009

"POR QUE ESCRIBES ESAS COUSAS SOBRE LIBROS GALEGOS?"

O soño de hoxe, no Seis Horas.

Posté par Jaureguizar à 23:11 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

ROSA ANEIROS AO CADRADO NO OUTONO

Aneiros fala de Sol de Inverno e Ás de bolboreta, que saen en outono, na Voz. Trátase de dúas obras moi diferentes entre si, segundo explica a súa autora, e non só por estar dirixidas a públicos de idades ben distintas: « Sol de inverno -sinala Rosa- aborda a singradura vital da súa protagonista desde a súa infancia na aldea de Antes, pasando por todos os lugares que marcan o seu percorrido vital (Barcelona, París, A Habana...), e é unha historia de longo alento, que fala da vida dunha muller e do seu desexo de regresar ao paraíso perdido. En cambio, Ás de bolboreta , ademais de estar pensada para un público moito máis novo, non de adultos, senón de lectores de 12 ou 13 ou 14 anos, é un libro que transcorre nunha soa mañá, con historias cruzadas que en moitos casos arrincan noutros lugares, pero que conflúen nun mesmo espazo e nun mesmo tempo». «É a primeira vez que publico dous libros de maneira simultánea e para públicos tan diferentes -engade a escritora-; para min é un reto. Non só porque sexan distintos os públicos aos que van destinados, senón porque ademais son moi distintas a historias. E por tanto, moi diferentes as maneiras de contalas".

Posté par Jaureguizar à 15:21 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1  2   Page suivante »