samedi 5 septembre 2009

GRIPE A, HEPATITE B, ASTRACANADA C

(artigo en El Progreso e Galiciaé) UNHA VEZ, sendo neno, advertín á miña nai de que estaba desganado. Como iso non acontecera nos 11 anos anteriores, levoume ao médico. O doutor Loureiro apalpoume o bandullo con aquelas mans gordechas e suaves coma un queixo de nabiza. Daquela aínda non me agromara a soberbia de ser escritor e non lera ‘O Decamerón’ nin ‘Os Contos de Canterbury’; nunca sentira falar de ‘A morte en Venecia’ e menos de ‘A peste’. Non sufría esa teima autolesiva de querer padecer unha tuberculose para desprezar o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:43 - Commentaires [6] - Permalien [#]