mercredi 9 septembre 2009

REUNIR, SEPARAR

Participei nas dúas edicións de Culturgal. A primeira, un venres pola tarde en Pontevedra, dicías algo e volvíache a frase co eco. Na edición coruñesa botei a fin de semana a razón de doce horas diarias no Palexco. Gardo moi bo recordo de toda a nosa vangarda reunida nun local, de poder coñecer o que se crea no país cun paseo. Cultura rexeita organizar outro Culturgal, reunir cultura; mentres Educación axuda a colexios que separan nenos de nenas.
Posté par Jaureguizar à 22:58 - Commentaires [3] - Permalien [#]