dimanche 20 septembre 2009

LIBROS PARA OS TAXISTAS

O XOVES ía coller un taxi, pero sorprendín ao chófer ollando un obxecto negro e volvín a miña andaina. O taxista perdeu de gañar uns euros, pero gañou en ler varias páxinas dalgúns dos libros de Stieg Larsson. Eu aforrei uns euros e gañei tempo para o meu desagradable compromiso diario co exercicio. Aínda non me dei posto cos libros do sueco porque hai unhas novelas que leo e releo continuamente; non por pracer, senón porque son miñas e financian as actividade extraescolares dos cativos. Pero o xoves convencínme de que debo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]

dimanche 20 septembre 2009

O CONTADOR DE ESTRELAS

O meu novo libro chámase O contador de estrelas e foi publicado na Serie Vermella (dende 14 anos) por Obradoiro Alfaguara. A novela narra o peculiar verán vivido por unha adolescente chamada Antía, afeccionada aos avións e aos libros de vampiros. A trama comeza cando descobre que terá que pasar o verán coa súa nai, Rosa, no seu novo posto de traballo. Rosa será a nova emisorista do Servizo Antilumes no Aeródromo de Rozas, na comarca de Lugo, un lugar que se vai ver afectado polos incendios provocados polo piloto do avión vermello.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:59 - Commentaires [2] - Permalien [#]