Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 septembre 2009

TATUAXES

Unha vez namorei a esgalla. Aquela éxtase meteume nunha parvicie relaxada e feliz. Agora tamén estou namorado, pero dun xeito razoado, valorando o bonito de ter ao meu carón unha persoa que me fai comprensible o cambio de Unión Fenosa a E-On. Unha moza belga que tatuou a cara con 58 estreliñas negras arrepentiuse aos poucos días e denunciou o tatuador. Se cando eu tiña quince anos a rapariga que causaba que o meu corazón quixese botárseme fóra da caixa torácica para ir tras dela me require que me tatúe a Vía Láctea, teríao feito; pero ela era cursi de máis para iso. A lenda da tatuaxe sería algo como o ‘Winona forever’ que Johnny Depp fixou no seu ombro. Daquela eu estaba certo de que o amor e a vida pertencían á categoría do eterno. Souben que estaba enganado lendo que Marilyn Manson sufre gripe A. Se Pilar Farjas pilla o cantante rifaríao advertíndolle que con tanto tatuaxe e piercing, e con tanto cortarse a cara con coitelas, sería raro non coller un virus feote. Se unha figura do rock pode morrer dunha pandemia, se un mito do cine como Depp non é quen de conseguir que Winona Ryder sexa ‘forever’, rexeito facerme tatuaxes. Serán permanentes, pero non garanten a inmortalidade, nin sequera un amor duradeiro como unha estrela negra.

(artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité