Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 septembre 2009

O PALLASO DE RUSHDIE

SALMAN RUSHDIE é un pallaso. Hai uns días permitiume que o entrevistase na Coruña. Acceder a el requeriume tantos trámites e tantas esperas como dar de baixa unha liña telefónica. As medidas de seguridade fixéronseme integramente comprensibles; as trabas dos organizadores do Congreso de Semiótica ao que asistía o escritor, non. Hai vinte anos un líder musulmán británico acusouno de pecado capital por facer chanzas do seu sistema de mitos, lendas e certidumes islámicas, e, acampado sobre a magnanimidade laica da democracia inglesa, denunciou o escritor, que foi penado a morte por Jomeini. O Rushdie que eu atopei era un home grave, profundo; aburrido sobre todo. Aquela mañá fixera o mesmo ca moitas outras: recitara as suras da liberdade de expresión e a súa perplexidade resignada cara uns ‘terminators’ de Alá que o procuran para facerlle o mesmo que os seus tradutores italiano e xaponés. Pero logo empezamos a falar de Bollywood e Rushdie revelouse como o magnífico pallaso que é, ceibouse a exudar retranca, a expresión máis sofisticada da intelixencia, como nos aprendeu Celestino Fernández de la Vega. Rushdie é un clown, un cómico libre e independente, que manifesta o que lle peta e ri mesmo da súa ‘fatwa’. O sentenciado a acoitelamento pediu a unha ong que defende os dereitos humanos que non o matase para cobrar a recompensa cadrando así os seus desparellados asentos contables. Umberto Eco, que videoconferenciou para o mesmo congreso, xa nos subliñara en ‘O nome da rosa’ que hai persoas que están tan en posesión da relixión verdadeira que nin a risa aceptan. A retranca sementa a incertidume.

(ARTIGO PARA EL PROGRESO)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité