CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

29 septembre 2009

O CGAC, PASIVO

Aledeime da escolla para dirixir o CGAC dun candidato da banda máis avanzada de Portugal e con experiencia na Serralves, pero faime desconfiar que veña cun "proxecto museístico e expositivo"; este centro debería seguir sendo o noso viveiro creativo máis importante e non ese mero caixón que lle quedou tan bonito a Siza.

Posté par Jaureguizar à 23:37 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

27 septembre 2009

ALBERT PLA: "NO QUIERO SER INOCENTE NI DENUNCIAR NADA CON MIS CANCIONES"

El cantante Albert Pla se rige por las leyes de la improvisación. Decide lo que le apetece cantar o grabar justo antes de tener que hacerlo, pero tiene claro de antemano que no le gustan las entrevistas. Ni siquiera las que concede con motivo de su presencia este lunes, a las 21.00 horas, en el Auditorio de Lugo, con el espectáculo La diferencia. El cantante de Sabadell no se esfuerza en contestar con coherencia o en ir mucho más allá de un monosílabo cuando responde. Hay que insistirle; dialogar no debe de estar entre sus grandes aficiones. De hecho, vive en un pueblo sin cobertura teléfonica. (ENTREVISTA EN EL PROGRESO)

Posté par Jaureguizar à 22:45 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

O PALLASO DE RUSHDIE

SALMAN RUSHDIE é un pallaso. Hai uns días permitiume que o entrevistase na Coruña. Acceder a el requeriume tantos trámites e tantas esperas como dar de baixa unha liña telefónica. As medidas de seguridade fixéronseme integramente comprensibles; as trabas dos organizadores do Congreso de Semiótica ao que asistía o escritor, non. Hai vinte anos un líder musulmán británico acusouno de pecado capital por facer chanzas do seu sistema de mitos, lendas e certidumes islámicas, e, acampado sobre a magnanimidade laica da democracia inglesa, denunciou o escritor, que foi penado a morte por Jomeini. O Rushdie que eu atopei era un home grave, profundo; aburrido sobre todo. Aquela mañá fixera o mesmo ca moitas outras: recitara as suras da liberdade de expresión e a súa perplexidade resignada cara uns ‘terminators’ de Alá que o procuran para facerlle o mesmo que os seus tradutores italiano e xaponés. Pero logo empezamos a falar de Bollywood e Rushdie revelouse como o magnífico pallaso que é, ceibouse a exudar retranca, a expresión máis sofisticada da intelixencia, como nos aprendeu Celestino Fernández de la Vega. Rushdie é un clown, un cómico libre e independente, que manifesta o que lle peta e ri mesmo da súa ‘fatwa’. O sentenciado a acoitelamento pediu a unha ong que defende os dereitos humanos que non o matase para cobrar a recompensa cadrando así os seus desparellados asentos contables. Umberto Eco, que videoconferenciou para o mesmo congreso, xa nos subliñara en ‘O nome da rosa’ que hai persoas que están tan en posesión da relixión verdadeira que nin a risa aceptan. A retranca sementa a incertidume.

(ARTIGO PARA EL PROGRESO)

Posté par Jaureguizar à 10:01 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

AMIS: "RESPECTO A MAHOMA, NON AOS ISLAMISTAS"

Entrevista a Martin Amis en Xornal: "Amis é consciente de que as súas opinións sobre o fundamentalismo islamista adoitan levantar bochas e cada vez que lle preguntan se é “islamófobo”, responde sempre que “non”. Pero si é “un antiislamista” porque, como afirma en El segundo avión, “unha fobia é un medo irracional, e non é irracional temer algo que di que quere darche morte”. “Eu respecto a Mahoma, pero non a Mohamed Atta”, dixo onte en alusión a un dos terroristas do 11-S".

Posté par Jaureguizar à 09:58 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

26 septembre 2009

A VOZ DE KURT ELLING BRILLARÁ EN LUGO

O cantante Kurt Elling, referente do jazz actual no eido dos vocalistas, será a estrela do Festival de Jazz de Lugo deste ano.

Posté par Jaureguizar à 21:42 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

25 septembre 2009

PACO SÁNCHEZ CONTRA SUSO DE TORO: O TRAXE NOVO DO REI

Paco Sánchez negoulle a Suso de Toro que o rei estivese espido, polo que lle agradezo que me lembrase o acertado conto de Andersen.

Posté par Jaureguizar à 10:58 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

TATUAXES

Unha vez namorei a esgalla. Aquela éxtase meteume nunha parvicie relaxada e feliz. Agora tamén estou namorado, pero dun xeito razoado, valorando o bonito de ter ao meu carón unha persoa que me fai comprensible o cambio de Unión Fenosa a E-On. Unha moza belga que tatuou a cara con 58 estreliñas negras arrepentiuse aos poucos días e denunciou o tatuador. Se cando eu tiña quince anos a rapariga que causaba que o meu corazón quixese botárseme fóra da caixa torácica para ir tras dela me require que me tatúe a Vía Láctea, teríao feito; pero ela era cursi de máis para iso. A lenda da tatuaxe sería algo como o ‘Winona forever’ que Johnny Depp fixou no seu ombro. Daquela eu estaba certo de que o amor e a vida pertencían á categoría do eterno. Souben que estaba enganado lendo que Marilyn Manson sufre gripe A. Se Pilar Farjas pilla o cantante rifaríao advertíndolle que con tanto tatuaxe e piercing, e con tanto cortarse a cara con coitelas, sería raro non coller un virus feote. Se unha figura do rock pode morrer dunha pandemia, se un mito do cine como Depp non é quen de conseguir que Winona Ryder sexa ‘forever’, rexeito facerme tatuaxes. Serán permanentes, pero non garanten a inmortalidade, nin sequera un amor duradeiro como unha estrela negra.

(artigo para El Progreso)

Posté par Jaureguizar à 10:52 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

23 septembre 2009

O XINECÓLOGO SALMAN RUSHDIE

''Me gustaría ser actor, mi ídolo es una tía mía de 90 años que trabaja en Bollywood''

El novelista Salman Rushdie lleva condenado a muerte desde el Día de San Valentín de 1989. En la jornada dedicada a los enamorados, le advirtieron de que el ayatolah Jomeini, indignado por su sátira 'Los versos satánicos' ofrecía tres millones de dólares por su cabeza. Veinte años más tarde, el autor sobrevive y lo contó este martes en A Coruña.

Posté par Jaureguizar à 11:17 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

21 septembre 2009

A FIDELIDADE DO HOME LIBRE AO REY

A fidelidade ao Rey, leva ao Home Libre a facer o que el lle mande: embozalarse para parodiar os que sufren a gripe A ou gardarlle a finca. Todo menos atreverse a trabar na man que lle bota os ósos. Mandáronlle botarse de cabeza ao río revuelto e botouse, como bo intelectual organimediático.

Posté par Jaureguizar à 16:55 - Commentaires [3] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

20 septembre 2009

LIBROS PARA OS TAXISTAS

O XOVES ía coller un taxi, pero sorprendín ao chófer ollando un obxecto negro e volvín a miña andaina. O taxista perdeu de gañar uns euros, pero gañou en ler varias páxinas dalgúns dos libros de Stieg Larsson. Eu aforrei uns euros e gañei tempo para o meu desagradable compromiso diario co exercicio.

Aínda non me dei posto cos libros do sueco porque hai unhas novelas que leo e releo continuamente; non por pracer, senón porque son miñas e financian as actividade extraescolares dos cativos. Pero o xoves convencínme de que debo escribir un libro que lean todos os taxistas para non ter que volver a interromper a ningún nun tempo agradable de lectura grazas a que tería chófer propio.

Adoito escoitar desprezos cara os escritores de ‘best-seller’. A fórmula coñecémola, máis ou menos, todos os que nos dedicamos a este oficio do negro sobre branco: unha trama de intiga e outra de amor, «comezar cunha explosión e de aí para arriba» —como recomendaba Hitchcock—, personaxes cos que identificarse, capítulos curto e estilo puro a base de rabenar os agromos de adxectivos o adverbios. A fórmula aparece mesmo no Google, pero hai milleiros de novelas que se guían por ese manual de bricolaxe cada ano e soamente unha ou dúas logran interesar aos taxistas, aos monitores de esquí e máis aos guías do Museo Provincial.

O problema é que todos lemos o manual, pero en Suecia son mellores montando mobles e fabricando móbiles. Aceptemos que tamén son mellores contando esas historias tan nevadas que abstraen a un taxista de Lugo que non repara nun cliente sospeitoso de pedirlle unha carreira.

(Artigo para El Progreso)

Posté par Jaureguizar à 16:20 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1  2  3   Page suivante »