jeudi 1 octobre 2009

DEIXE O NACIONALISMO E VIAXE CONNOSCO

Chesterton boutadeou aquilo de "o nacionalismo cúrase viaxando", que os españois adoitan atribuír a Pío Baroja. Habería que analizar a frase no seu contexto, pero pensada hoxendía é unha parvada. Enganábase Chesterton porque agora comprobamos é que o abandono do nacionalismo para roldar o poder dá moitas oportunidades de viaxe. Alfredo Conde abandonou o galeguismo e foi premiado cun debate sobre novela española en Beijing e agora vai para Frankfurt, Caneiro renegou do nacionalismo non chegou máis que a Madrid, pero non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:12 - Commentaires [8] - Permalien [#]

jeudi 1 octobre 2009

TOBOGÁN

A MORTE é un dos xéneros periodísticos máis fertis. O pasado é coma un tobogán posto do revés que vai xirando e sempre volve. Veñen de morrer a Lucy que inspirou a Lennon para a canción ‘Lucy no ceo con diamantes’ e Susan Atkins, a besta que acoitelou á Sharon Tate inspirada por Charles Manson. O pasado tamén está de visita no cárcere de cinco estrelas onde Roman Polanski agarda para eludir ser xulgdo por violar unha nena en 1977 tras aparvala cunha promesa dun sesión fotográfica para ‘Vogue’, champán e metacualona. ‘Lucy in the Sky... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]